Descrición
Antonio Fraguas foi un deses galeguistas que valorou a importancia dos medios de comunicación na sociedade do seu tempo e que, en consecuencia, considerou necesario intervir en calquera espazo que lle ofrecesen para difundir os seus puntos de vista, nomeadamente os relacionados coa identidade do país, a súa lingua, os seus costumes e a súa forma de ser. Os artigos de “La Voz de Galicia” e “O Correo Galego” seleccionados na escolma que se está a presentar na imaxe son boa mostra da súa forma de contar e da vontade de reconstrución da identidade de Galicia.


