Descrición
En colaboración coa Fundación Torrente Ballester, organizouse unha exposición que ilustrou con fotografías, publicacións, cartas de navegación e outros documentos a peripecia do secuestro en alta mar do transatlántico Santa María, ocorrido en xaneiro de 1961 e que contou coa participación, entre outros, do galego José Fernández Vázquez (Jorge de Sotomayor). A exposición pretendeu constituír un recoñecemento á súa figura e amosar parte do seu arquivo documental depositado no CCG. A mostra foi comisariada polo fillo de Sotomayor, Federico Fernández Ackermann.


