Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, <cite>ca.</cite> 1950 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A pegada indiana na Mariña lucense

Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950

Image 1
Detalle
Non só de Cuba chegaron as remesas para construír escolas na Mariña luguesa. Tamén os mariñaos residentes na Arxentina enviaron cartos para fomentar e promover a educación e a cultura nos seus veciños e veciñas. Ademais dalgúns persoeiros que contribuíron a crear e dotar centros educativos e dos que xa falamos, a sociedade Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires, creada en 1908, tivo un destacado papel neste eido. Grazas ao seu labor a prol da educación e a cultura da comarca construíronse as escolas de Burela, Xove e Cervo; neste último concello tamén axudou na edificación do Grupo Escolar José M. Fernández Montenegro, na localidade de San Cibrao. Por todo isto o Goberno español outorgoulle a Gran Cruz de Beneficencia.
A escola de Burela foi dedicada a centro de ensino primario dende a súa inauguración. Alí formáronse centos de nenos e nenas da localidade. Nos anos 40 a profesora Carmen Iravedra obtivo o seu posto de mestra e encargouse de educar as nenas que alí acudían. Aínda hoxe é lembrada con cariño polas numerosas xeracións que pasaron polas súas aulas.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Águeda Barcia Iravedra
  • Entidades:
    Mención:Centro Hijos del Partido de Vivero
  • Localizacións:
    orixe: Burela, Lugo;