Podemos rexenerar o músculo cardíaco con células nai? | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Podemos rexenerar o músculo cardíaco con células nai?

Chuck Murry (autoría)
Descrición As cardiopatías son a principal causa de mortalidade no mundo, debido a que o corazón é un dos órganos do corpo que menos capacidade ten de rexeneración. Nesta charla TED (14´ 31´´) o doutor Chuck Murry fálanos da importancia de atopar formas de axudarlle ao músculo cardíaco a rexenerarse despois dunha lesión e comparte o proxecto no que está a traballar sobre o uso de células nai para xerar novas células do músculo cardíaco que poidan ser transplantalas aos corazóns de persoas que sufriron un ataque cardíaco.

Tradución ao galego de Marta Suárez para #TedSaúde 2022.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Medidas
14 minutos e 31 segundos