Descrición
“¿Cambio climático?¿Esoterismo global?¿Crisis global?” foi o título da conferencia que Eugenio Domínguez Vilches ofreceu en Lugo, no marco do ciclo Cultura Conciencia. Nela falou sobre o compromiso que deben asumir os diferentes países, as consecuencias e as medidas de adaptación ao xa inevitable cambio climático, así como tamén sobre a necesidade dunha investigación científica seria ao falar do tema.


