Descrición
“Os símbolos de Galicia” é unha das publicacións emblemáticas editadas polo Consello da Cultura Galega. Indaga nos procesos mediante os que cada un dos tres grandes símbolos (himno, bandeira e escudo) foron adoptando a versión definitiva, o seu contexto histórico e mesmo as diverxencias e polémicas que xeraron. Imaxe da presentación cos dous autores, Ramón Villares e Xosé Ramón Barreiro Fernández, e mais Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte naquel momento.


