Descrición
Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936) é un referente artístico, arquitecto de vangarda e profesional comprometido. “É un arquitecto con visión de país”, dixo José María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña na presentación da conferencia “Corenta anos de arquitectura”, pertencente ao ciclo Palestras Maxistrais, na que fixo un repaso da súa traxectoria profesional.


