Descrición
O CCG ocupouse na década do 2000 de analizar a arquitectura que se desenvolvía desde diferentes zonas de España. Nesta xornada xuntouse a referentes da arquitectura vasco-navarra, como Juan Coll-Barreu, Jesús Leache, Javier Pérez Herreras, Carlos Quintáns Eiras, Fernando Tabuenca González e Luis Tena Núñez. Á xornada tamén asistiron Conrado Capilla Frías, Javier Cenicacelaya Marijuán, Juan Miguel Otxotorena Elícegui e José Virgilio “Pucho” Vallejo Lobete. Foron coordinadas por José Mangado Beloqui.


