Descrición
O programa de análise da actividade arquitectónica e cultural en Galicia “Arquitecturas desde...” continuou en 2007 en diferentes lugares. Nesta ocasión trasladouse ata Lugo e contou coa participación de Alberte González Rodríguez, presidente da delegación de Lugo do COAG, e do coordinador da xornada e responsable da Sección de Arquitectura do COAG, Iago Seara Morales. Os relatorios estiveron a cargo de Adolfo de Abel Vilela, Santiago Catalán Tobía, DOPI Arquitectos, Arquitect-2, Antonio Taboada López, KM Arquitectos e U.M.U.


