O galego na intelixencia artificial | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O galego na intelixencia artificial

Descrición Reportaxe de Nós Televisión (13´ 28´´) que nos ofrece a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o Proxecto Nós, así coma os diferentes recursos tecnolóxicos que se están a crear co ánimo de situar o galego na vangarda da intelixencia artificial.

O Proxecto Nós é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións que permitan o uso do galego nos ámbitos de aplicación da intelixencia artificial. Do desenvolvemento do proxecto encárgase a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto da Lingua Galega (ILG) e do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
13 minutos e 28 segundos
Entidades
Creación: Nós Televisión