Descrición
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu ao embaixador de Arxentina en España, Ricardo Luis Alfonsín. Tratábase da primeira visita institucional do embaixador a Galicia tras tomar posesión do seu posto en setembro de 2020. No marco da xuntanza abordáronse posibles proxectos de colaboración entre as dúas entidades, como a consulta dos fondos consulares para afondar no coñecemento da emigración galega a Arxentina. Ademais, falaron da situación dos fondos documentais en Arxentina


