Material
Centenario de Manuel Murguía
Nas ás do canto 09: Os teus ollos
Detalle
LetraTen a serena o canto
I a serpe o alento;
O lago ten á onda
Dios ten o inferno.
Ti tés d’abondo
C’o que tes escondido
N’eses teus ollos.
O trono d’os monarcas,
D’o sabio os trunfos,
A groria d’o poeta,
O ouro do mundo:
Dera eso todo
Por solo unha mirada
D’eses teus ollos.
Buscan os pitorreises
Pra facer niño,
A herba santa que nace
Beira d’os ríos.
Eu busco sólo
Unha mirada meiga
D’eses teus ollos.
Cando se pon a lua
Tras d’os penedos,
Choran as estreliñas
Todas d’o ceo.
Tamen eu choro
Cando non m’alumean
Eses teus ollos.
Letra: Curros Enríquez. Música: José Castro “Chané”
Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro
Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade
Descrición
Ten a serena o cantoI a serpe o alento;
O lago ten á onda
Dios ten o inferno.


