Descrición
“Aspiramos á dignificación da gaita e do gaiteiro porque a gaita é a expresión da alma de Galicia”, aseguraba Ricardo Portela (Viascón, 1920-1992). As súas palabras resoaron no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (CCG) no marco dun encontro en que o sector da gaita lembrou a figura do gran mestre no centenario do seu nacemento. O seu legado recóllese en “De gaiteiro a gaiteiro”, libro de Carlos Núñez.


