Descrición
“Libres. En serio?” é o nome do primeiro festival de Filosofía que organizou a Sección de Pensamento do CCG. Nesta primeira edición participaron a sexóloga Valérie Tasso, a directora de cine Sonia Méndez, o editor Francisco Castro ou a escritora Inma López Silva. Dous días nos que se falou de Tinder, fútbol e series de televisión e de como afectan á nosa liberdade.


