Descrición
O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia. Ese discurso, un dos máximos exemplos de oratoria en lingua galega, foi recreado para a exposición "Alba de Gloria. Unha experiencia", inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) o 7 de novembro de 2018. Unha mostra que tivo un amplo programa de visitas guiadas como a que aparece na imaxe.


