Descrición
Co gallo do corenta aniversario da institución tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña un concerto homenaxe a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Nel estreouse a cantata para coro e orquestra “Terra”, que o compositor vigués Juan Durán realizou expresamente para a ocasión. Na imaxe saen Juan Durán, o barítono coruñés Javier Franco e o director da OSG, Víctor Pablo Pérez, nun momento do concerto.


