Descrición
No marco do ciclo “Pensarmos”, José María Lassalle falou en 2020 de humanismo dixital nun contexto tecnolóxico. Este coñecido intelectual afirmou que “Silicon Valley é a nova Xenebra” e defendeu que estamos nun contexto onde a tecnoloxía está a acabar con todos os mecanismos dunha sociedade democrática. No marco da súa liña de pensamento, o futuro bosquexará un escenario positivo e posibilista no que, na súa opinión, as claves pasan por Europa, pois “é o único espazo real e con capacidade de crear complicidades para dar unha batalla cultural e económica que evitará que vaiamos cara a un ciberleviatán”.


