Descrición
O 12 de outubro de 2018, un grupo de hondureños iniciou en San Pedro Sula (Honduras) a “Camiñata do Migrante” coa intención de pedir asilo nos Estados Unidos. Polo camiño fóronse sumando migrantes de Salvador e de Guatemala e chegaron a ser preto de seis mil. Mes e medio despois alcanzaron Tijuana (Baixa California, México), onde foron perdendo forza. Non foi a única mobilización social de denuncia da situación actual en Honduras, pero si unha das máis multitudinarias e efectistas. Sobre este feito e sobre as correntes fundamentais do pensamento teórico arredor de América Latina falou Gareth Williams no marco do ciclo “Pensarmos”.


