Descrición
En 2018, unha delegación da Academia Colombiana de Ciencias visitou a sede institucional do CCG con motivo das homenaxes que se organizaron no noso país ao científico de orixe galega José de Caldas polo 250 aniversario do seu nacemento. Na imaxe saen Rosario Álvarez, presidenta do CCG, e Enrique Forero, presidente da Academia Colombiana de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.


