Descrición
Carlos Casares foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. Con motivo desta conmemoración, o Consello da Cultura Galega reeditou a súa obra teatral para público infantil “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. A publicación foi presentada polo presidente do CCG, Ramón Villares, que estivo acompañado na rolda de prensa por Christian Casares, fillo do escritor, e mais por Montse Pena, autora do estudo introdutorio.


