Descrición
Carmen González Enríquez, catedrática no departamento de Ciencia Política da UNED e investigadora principal do Real Instituto Elcano, protagonizou a primeira sesión do ciclo “Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios e migracións”. Durante a súa intervención, analizou a resposta da Unión Europea ante a crise migratoria e defendeu que esta crise pon en perigo o espazo Schengen, ao tempo que enfronta aos Estados entre si.


