Descrición
Trece historiadores europeos, pioneiros no ámbito da historia comparada, reuníronse no congreso “O contexto internacional das Irmandades da Fala: as nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nación”. O simposio estivo coordinado por Xosé M. Núñez Seixas e contou, entre os seus relatores, con Joep Leerssen (Universidade de Amsterdam) e Malte Rolf (Universidade Otto-Friedrich, Bamberg), que debullaron as circunstancias externas e o contexto internacional que acompañaron a creación das Irmandades da Fala.


