Granulado | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Granulado

Descrición Ultimamente é habitual escoitar nos medios de comunicación a palabra “pellet”, para facer referencia a esas esferas brancas de plástico que están chegando ás nosas praias procedentes do vertido accidental do buque “Toconao”. Esther Vázquez explícanos neste vídeo (38´´) que, segundo a Real Academia Galega, o termo correcto para denominar en galego estas pequenas bólas formadas a partir de resinas poliméricas é “granulado”.

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

No Portal das Palabras podes ampliar información sobre este termo.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
38 segundos
Entidades
Creación: Televisión de Galicia