Enfermidades infecciosas emerxentes. Unha ameaza que non cesa | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Enfermidades infecciosas emerxentes. Unha ameaza que non cesa

Descrición Juan Jesús Gestal, catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde da USC, fálanos neste vídeo (15´ 56´´) de como evolucionou a epidemioloxía e a prevención das enfermidades infecciosas desde o século XIX ata a actualidade, ata chegar a facer pensar á comunidade científica da época que podería vencelas todas e dedicarse só á súa prevención. O certo é que, malia todos os avances acadados, a varíola é a única enfermidade deste tipo que se conseguiu erradicar completamente. Nesta charla descubrirás o desafío que supoñen as enfermidades infecciosas emerxentes para a saúde pública a nivel global.

A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e a Real Academia de Farmacia de Galicia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
15 minutos e 56 segundos
Entidades
Creación: Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Creación: Real Academia de Farmacia de Galicia