Descrición
“O voto emigrante” foi o título dun foro de debate que organizou o Arquivo da Emigración Galega (CCG) en 2008 para pór sobre a mesa un tema que por aquel entón estaba de actualidade: a participación dos emigrantes nos comicios electorais realizados en Galicia. Coordinado por Ramón Villares e Xosé M. Núñez Seixas, contou entre os seus relatores co xornalista Anxo Lugilde e co profesor mexicano Carlos M. Navarro Fierro.


