Descrición
En decembro de 2008 fixéronse sesenta anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Con motivo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega, xunto co Seminario Galego de Educación para a Paz e o Colexio de Avogados de Santiago, organizou un acto conmemorativo que incluíu relatorios, actuacións musicais e a lectura pública dos trinta artigos da declaración. Federico Mayor Zaragoza, ex-director xeral da Unesco e presidente da Fundación “Cultura de Paz”, foi un dos convidados. Na foto aparece asinando no libro de honra da institución.


