Descrición
A politóloga e filósofa Chantal Mouffe participou no ciclo “O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)” cun relatorio titulado “Política democrática e pluralismo agonista”. Nel analizou os desafíos aos que se enfronta a política democrática actual, ao tempo que explicou algúns dos posibles escenarios nos que se desenvolverá o futuro da democracia a escala mundial. Na imaxe sae con Ramón Máiz.


