Por que non curamos aínda a artrite? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Por que non curamos aínda a artrite?

Heather J. Faust (autoría) · Kaitlyn Sadtler (autoría)
Descrición Malia que acostumamos pensar que a inflamación e a dor das articulacións son problemas asociados á idade avanzada, o certo é que moitas persoas mozas sofren esta enfermidade. Kaitlyn Sadtler e Heather J. Faust explícannos neste vídeo de TED (4´ 24´´) por que a artrite é tan común e por que non se atopou aínda unha cura para ela.

A tradución ao galego é de Cristina Blanco e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 24 segundos