Propaganda contra o Estatuto de 1980 / Imaxe. Adhesivo/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Imaxe. Adhesivo

Material

Propaganda contra o Estatuto de 1980

Image 1
Descrición
Pegatina de propaganda contra o Estatuto aprobado en Cortes o 4 de febreiro de 1980 só co voto maioritario da Unión de Centro Democrático. Amósase a apariencia dunha esquela paródica por «Doña Cultura». Pese ao consenso previo durante a elaboración do Anteproxecto de Estatuto na Comisión dos 16, a hexemonía da UCD faría importantes modificacións no texto final que sería aprobado polas Cortes democráticas. O máis controvertido sería a introdución dunha Disposición Transitoria Terceira que foi interpretada por numerosos actores políticos e da sociedade civil como unha medida contra un nivel de autonomía equiparábel ao resto de «nacionalidades históricas». A pegatina fai referencia ás protestas que terían como fito o catro de decembro de 1979.
Metadatos