«NON AO SALTO» / Imaxe. Adhesivo/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Imaxe. Adhesivo

Material

«NON AO SALTO»

Image 1
Descrición
Pegatina en contra da construción dun salto, dirixido posíbelmente á produción de enerxía hidroeléctrica, e os seus efectos sobre o entorno biofísico pola suba do nivel das augas no río Miño. Durante o franquismo a construción de saltos e encoros asumiu unha especial relevancia en Galicia, ao se converter nun territorio excedentario grazas a estes aproveitamentos. Nalgúns casos, como no de Castrelo de Miño, a construción dos saltos sacudiu a comunidades locais e a outros sectores da sociedade galega nos anos 60 e 70.
Metadatos