Pegatina de propaganda do nacionalismo galego de esquerda, facendo uso dunha das súas consignas máis habituais. Aparece representada unha estrela vermella de cinco puntas que serve de símbolo do internacionalismo. É posíbel que fose editada pola organización dos anos oitenta Galiza Ceive-OLN, partidaria do independentismo e do uso da violencia para a súa consecución.