A enxeñería inversa do cerebro humano no laboratorio | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A enxeñería inversa do cerebro humano no laboratorio

Sergiu P. Pasca (autoría)
Descrición Na actualidade, a maioría do que sabemos sobre o cerebro procede de estudos en animais, xeralmente ratos. Nesta charla de TED (12´ 35´´) o neurocientífico Sergiu P. Pasca fálanos dun novo avance científico que mudará o xeito que temos de entender a construción do cerebro: xa é posible cultivar partes do cerebro humano de calquera individuo e construír circuítos humanos funcionais nunha placa de cultivo do laboratorio. Isto axudará a coñecer as especificidades do noso cerebro e a entender cales son esas características que o fan máis susceptible ás enfermidades.

A tradución ao galego é de Javier Varela e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
12 minutos e 35 segundos