Por que procrastinas aínda que te sintas mal despois? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Por que procrastinas aínda que te sintas mal despois?

Vitalii Nebelskyi (autoría)
Descrición A procrastinación é o hábito de pospoñer deliberadamente tarefas importantes que temos pendentes, malia ter a oportunidade de facelas e saber que o feito de pospoñelas pode ter consecuencias negativas. Neste vídeo de TED (5´ 45´´) entenderás por que o cerebro actúa deste xeito e descubrirás cales son as estratexias que podemos usar para romper o ciclo da procrastinación.

A tradución ao galego é de Alba Tato e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 45 segundos