Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 1. Antes da palabra, o son | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 1. Antes da palabra, o son

Descrición Primeiro capítulo (15´ 33´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, realizada como homenaxe á autora á que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. Nesta primeira entrega poderás achegarte aos aspectos máis relevantes da biografía desta poeta, narradora, ensaísta e articulista, desde o seu nacemento na Coruña no ano 1957 ata o seu pasamento na mesma cidade no 2004.

A serie documental é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
15 minutos e 33 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega
Creación: Miramemira