Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 3. Harmonía | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 3. Harmonía

Descrición Terceiro capítulo (20´ 55´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, no que se fai un percorrido pola súa produción poética, dende a xestación de Música reservada (1991) ata En concreto (2004) e Papagaio (2006), así como o inacabado almanaque poético As palabras ingrávidas (2020).

A serie é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
20 minutos e 55 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega
Creación: Miramemira