O testamento de Mayor de Cubas | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O testamento de Mayor de Cubas

Descrición Mayor de Cubas, veciña de Pontevedra, outorgou o seu testamento ante notario o 3 de setembro de 1488. Este documento, escrito en galego, foi posteriormente reciclado e empregado como cuberta dun volume que contén varios protocolos notariais do século XVI. Neste vídeo divulgativo (1´ 52´´) o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra fálanos do achado do testamento de Mayor de Cubas e preséntanos as súas principais características, tanto formais como de contido.

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 52 segundos
Entidades
Creación: Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra