Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 6. Eco | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 6. Eco

Descrición Neste sexto capítulo (21´ 09´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra” ponse o foco no seu derradeiro poemario, Papagaio, no que a autora denuncia a explotación sexual das mulleres e a especulación urbanística, en coherencia coa esencia da súa propia personalidade e do seu compromiso cívico.

Esta sexta entrega ponlle o ramo á serie audiovisual producida pola Real Academia Galega e realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
21 minutos e 9 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega