Descrición
No ano 2014 a Comisión de Igualdade do CCG [actual CDIF], preguntou sobre a realidade das artistas galegas a un grupo de profesionais da creación en Galicia; teóricas, críticas de arte, artistas visuais e comisarias. Estas foron as respostas de Mónica Alonso, Paula Cabaleiro, Mónica Cabo, Mar Caldas, Pascuala Campos de Michelena, Anxela Carmés, Montse Cea, Susana Cendán, Lola Dopico, Almudena Fernández Fariña, Silvia García, Chus Martínez Domínguez, Carme Nogueira, Uqui Permui, Inés Ramiro, Rosario Sarmiento e María Luisa Sobrino Manzanares


