Descrición
Ciclo organizado pola galería de arte contemporánea dFuga entre os días 20 de abril e 3 de xuño de 2012. No ciclo conflúen diversas disciplinas creativas, para analizar, cuestionar e debater as novas extratexias feministas presentes na arte, literatura e industrias culturais na actualidade.


