Caligrafías musicais

Caligrafías musicais

Jesús Bal y Gay, musicólogo

Caligrafías musicais

Xosé López-Calo explica as investigacións do músico lugués sobre a música culta antiga e o folclore

Bal y Gay no Álbum de GaliciaPara celebrar o décimo cabodano de Jesús Bal y Gay (1905-1993), a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo organiza o ciclo dedicado ao compositor e folclorista lucense. Esta conferencia, pronunciada o 9 de maio de 2003, na Biblioteca Pública de Lugo, reúne dúas das figuras máis destacadas do eido musical galego do século XX: Xosé López-Calo (1922-2020), máis coñecido como Padre Calo, e Jesús Bal y Gay. Dende a súa sabedoría musicolóxica, o xesuíta sonense repasa a traxectoria investigadora de Bal y Gay, dende os seus inicios como folclorista, dedicado ao traballo etnográfico de recolleita xunto con Martínez Torner -entre outros-, ata a súa dedicación á música culta antiga, animado polas indicacións de Menéndez Pidal, e que dá grandes froitos como o Cancioneiro de Upsala, publicado en México en 1944, xa no exilio. A exhaustiva e organizada exposición do Padre Calo trasládanos a total importancia da figura do músico de Lugo.

Coñece a biografía de Jesús Bal y Gay no Álbum de Galicia

Escoita a conferencia:



Datos do fondo:
SINATURA CCGP_BAL_01 duración: 40:59 min.
Col. Consellería de Cultura. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega