Nas ás do canto 10: Cantiga
Centenario de Manuel Murguía
N’o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d’o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d’un ingrato galan.
Letra
N’o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d’o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d’un ingrato galan.
I-a coitada entre queixas decia:
“Xa n’o mundo non teño ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños d’o meu doce ben.”
Os seus ecos de malenconía
Camiñaban n’as alas d’o vento,
I-o lamento
Repetía:
“¡Vou morrer e non ven o meu ben!”
Lonxe d’ela, de pé sobr’a popa
D’un aleve negreiro vapor,
Emigrado, camiño d’América
Vai o probe, infelis amador.
I-o mirar as xentís anduriñas
Car’á terra que deixa cruzar:
“¡Quén pudera dar volta, pensaba,
Quén pudera con vosco voar!…”
Mais as aves i-o buque fuxían
Sin ouir seus amargos lamentos;
Sólo os ventos
Repetían:
“¡Quen pudera con vosco voar!”
Noites craras, d’aromas e lua,
Desde enton ¡qué tristeza en vós hai
Pr’os que viron chorar unha nena,
Pr’os que viron un barco marchar!…
D’un amor celestial, verdadeiro,
Quedóu sólo de bágoas á proba,
Unha coba
N’un outeiro
I-un cadavre n’o fondo d’o mar.
Letra: Manuel Curros Enríquez. Música: José Castro “Chané”
(A partir da 3ª edición de Aires d’a miña terra, Latorre y Martínez, Imprenta de La Voz de Galicia 1886, pp. 83-84.
Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro
Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade
N’o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d’o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d’un ingrato galan.
I-a coitada entre queixas decia:
“Xa n’o mundo non teño ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños d’o meu doce ben.”
Os seus ecos de malenconía
Camiñaban n’as alas d’o vento,
I-o lamento
Repetía:
“¡Vou morrer e non ven o meu ben!”
Lonxe d’ela, de pé sobr’a popa
D’un aleve negreiro vapor,
Emigrado, camiño d’América
Vai o probe, infelis amador.
I-o mirar as xentís anduriñas
Car’á terra que deixa cruzar:
“¡Quén pudera dar volta, pensaba,
Quén pudera con vosco voar!…”
Mais as aves i-o buque fuxían
Sin ouir seus amargos lamentos;
Sólo os ventos
Repetían:
“¡Quen pudera con vosco voar!”
Noites craras, d’aromas e lua,
Desde enton ¡qué tristeza en vós hai
Pr’os que viron chorar unha nena,
Pr’os que viron un barco marchar!…
D’un amor celestial, verdadeiro,
Quedóu sólo de bágoas á proba,
Unha coba
N’un outeiro
I-un cadavre n’o fondo d’o mar.
Letra: Manuel Curros Enríquez. Música: José Castro “Chané”
(A partir da 3ª edición de Aires d’a miña terra, Latorre y Martínez, Imprenta de La Voz de Galicia 1886, pp. 83-84.
Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro
Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade


