Centenario de Manuel Murguía

Centenario de Manuel Murguía

Nas ás do canto


Música e identidade no Rexurdimento

Que ten o mozo?

Centenario de Manuel Murguía

¿Qué ten o mozo?
Ai! ¿Qué terá?
Ponm’agora unha cara d’inverno
Despois na fiada! sonrisas de tal!…

Letra

¿Qué ten o mozo?
Ai! ¿Qué terá?
Ponm’agora unha cara d’inverno
Despois na fiada! sonrisas de tal!…
Quer que baile con él n’o muiño,
I aló pól-a vila, nin fala quixais…

¿Qué ten ó mozo?
Pois…¿qué terá?

Unhas veces, canciño de cego,
Por’ond’eu andare seguíndome vai,
Nin hai sitio dond’eu non atope
Un Bras con cirolas, i os zocos na man.

Ai! qué mociño…
Ai! qué rapaz!

N’outro instante ¡mirá que fachenda!
Atruxos qu’asombran ó mesmo lugar.
Brrr!!! Parece que pasa soberbo,
Mandando nos homes su real maxestá.

Mociño ¿és tolo?
¡Ai! ¿S’o serás?

Eu non podo entender meu amore,
Qu’airiños te levan, qu’airiños te trân;
Nin tampouco cal xeito te cadra,
Tratándose, mozo, d’ó teu namorar.

¡Ai! Dios me libre
De ti, bon Bras!

Que no meu entender t’acomparo,
Ô mesiño de Marzo marzal:
Pó-la mañan, cariña de rosas;
Pó-la tarde, cara de can.

¡Mala xuntanza
Facemos! Ai!
------------
(2ª letra, opcional)

¿Qué dí a meiguiña,
Qué dí a traidora?

Corazón qu’enloitado te crubes
C’os negros desprezos qu’a falsa che dona,
¿Por qué vives sofrindo por ela?
¿Por qué, namorado, de pena saloucas?

S’ela e bonita,
Ela e traidora.

Di, con mengua de mín, que non sabe
Qu’airiños me viran veleta mal posta…
Que cho digan, rapaza, os teus ollos,
Qu’agora me chaman, dempois me desbotan.

Que anqu’és bonita,
Eres traidora.

S’unhas veces amante che falo,
E s’outras renego de tí…¡pecadora!
¿Cáles augas repousan serenas,
S’o vento qu’as manda rebole antr’as ondas?

E ti ben sabes
Qu’és revoltosa.

Son canciño de cego en quererte…
Tal bulra merece quen ama sin conta,
Pois c’os zocos na man, ou sin eles,
As portas do inferno seguíndote fora.

Tal estou tolo,
Tal és graciosa.

¡Que de Marzo marzal teño a cara!…
Quizais qu’así sea, mais tí, miña xoia,
Tamén és cal raiola de Marzo,
Qu’agora descrube, qu’agora s’entolda.

Iguales semos,
Nena fermosa.





Letra: Rosalía Castro de Murguía. Música: Prudencio Piñeiro y Latierro
“A Su Alteza Real La Srma. Sra. Dª Isabel de Borbón, Infanta de España”.



Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro


Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade