“especiais” do CCG

Na procura do son perdido: a zanfona

Na procura do son perdido: A zanfona, memoria da transición

"Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición" é un documental producido polo Consello da Cultura Galega que conta Ramon Pinheiro na dirección. Conducido pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro, a peza audiovisual reúne as testemuñas de músicos e artesán que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona nas décadas de 1970 e 1980 e deron forma a un importante capítulo da cultura musical galega xerado no contexto da Transición política. Entre eles Antón Corral, Miro Casabella, Carlos Villanueva, Xosé L. Rivas Cruz "Mini" (Fuxan os ventos), Pablo Quintana, Luciano Pérez (Obradoiro da Deputación de Lugo) ou Emilio Cao. Tamén os membros do pioneiro grupo didáctico de Zanfonas da Escola de Gaitas de Ortigueira: María del Mar Fernández Polo, Marta Pérez Ojea e Vicente Bermúdez Garrote.

Ademais de reunir esa extensa suma de declaracións o documental inclúe imaxes da época cedidas polos propios protagonistas, arquivos particulares e públicos, algunhas inéditas que verán a luz por vez primeira.

Compartir: