“especiais” do CCG

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

D. Nicolás Villageliú foi o primeiro presidente do Centro Galego da Habana, ca. 1879

A primeira directiva estaba formada por destacados persoeiros da colectividade galega na Habana. Nicolás Villageliú y Mandía (A Coruña 1815-A Habana 1892) era avogado e tivo o cargo de Escribano Real de Hacienda durante moitos anos. Os últimos anos da súa vida traballou como notario público na cidade da Habana.
O resto de membros desta primeira directiva foron: vicepresidente, Secundino González Valdés; secretario, Benigno Eiriz; vicesecretarios: Delmiro Vieites e Pedro Osorio; tesoureiro, Ramón Allones; vogais: Ramón García Rey, Rosendo Espina, Rogelio Caruncho, Higinio Vidales, Serafín Sabucedo, Isidro Martínez, Andrés Canoura, Vicente Díaz, Manuel Hierro y Mármol, Ramón Alonso, Manuel A. Cores e Manuel Baños.

Compartir: