“especiais” do CCG

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Clase de inglés nunha aula do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 5 de novembro de 1924

Nos anos 20 ampliouse o programa educativo a impartir, centrado no ensino primario e na formación profesional dos socios e dos seus familiares. Nas clases nocturnas estudaban os futuros contables, axentes de propaganda e venta, de corretaxe, peritos, taqui-mecanógrafos, oficinistas etc. O ensino de inglés estaba moi actualizado. Tamén existían clases preparatorias para o ingreso na Segunda Enseñanza e centros de ensino superior. Chegouse incluso a organizar unha oficina de emprego para os alumnos.

Compartir: