Caixa de Aforros dos socios do Centro Galego da Habana, 1906
En 1906 a directiva do Centro Galego creou unha caixa de aforros para uso e beneficio dos asociados. No seu primeiro ano de funcionamento contaba cun capital superior a 100.000 pesos, cifra que se incrementaría a máis de 600.000$ ouro español en 1909. No marco da adquisición do que sería o palacio social de Centro Galego constituíuse a entidade bancaria «Caja de Ahorros y Banco Gallego», de gran protagonismo na vida económica e financieira da colectividade.


