“especiais” do CCG

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Palacio do Centro Galego da Habana, 1914

A primeira pedra deste maxestuoso palacio social foi colocada o 8 de decembro de 1907. Como algo simbólico dita pedra foi trasladada expresamente desde as canteiras de Parga (Lugo). O deseño estivo a cargo do enxeñeiro belga Paul Belau e as obras foron executadas pola empresa norteamericana Purdy & Henderson. A fachada, de estilo neobarroco, de estilo recargado, contaba con numerosos balcóns e catro esculturas de mármol realizadas polo italiano Giuseppe Moretti que representan a beneficencia, a educación, a música e o teatro. Nos altos resaltan en cada esquina unha torre coroada pola figura dun anxo. As obras remataron a finais do ano 1913 e palacio foi inaugurado cunha gran festa en 1914, ano en que foron trasladadas todas as dependencias da entidade para alí.

Compartir: