Ficha consular de cualificación. Vigo, 1952
Antonio decidiu marchar co seu curmán a América cando apenas superaba a maioría de idade. Brasil foi o seu primeiro destino migratorio, concretamente Río de Xaneiro. Vemos aquí un exemplo das fichas consulares de cualificación, emitidas entre 1900 e 1965 polo Consulado Geral do Brasil en Vigo.


