“especiais” do CCG

Os inicios do proceso migratorio: A viaxe

Billete de embarque da Companhia Colonial de Navegação, 1958

Durante boa parte do século XX eran considerados emigrantes aqueles pasaxeiros que viaxaban por mar con billete de terceira clase, en contraste con aqueles españois máis acomodados. Xa nos anos 50 isto foi mudando, e a nosa protagonista e a súa filla viaxaron cara a Venezuela en segunda clase, o que implicaba unha travesía máis levadía.

Compartir: