Entrada na baía da Habana, ca. 1948.
Tras unha longa travesía cruzando o Atlántico, os emigrantes galegos, admirados e cheos de ilusión, contemplan dende o barco a entrada ao porto da Habana. Moitos estaban desexosos de reencontrase con familiares ou amigos e outros comezarían a trazar o seu futuro en solitario.


